O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz. Era só o anticipo da xuventude intensa, apaixonada e rebelde do que anos despois acabaría sendo o rei Tanis I, o Mocos. Estanislao era longueirón, cabezolo e narigudo, pero tiña un sorriso que encadeaba a todo o mundo. Educado por un equipo de pedagogos do palacio real, vivía rodeado de luxos. Os seus desexos cumpríanse ó instante, xa fora calquera ocorrencia para xogar ou calquera antollo para alomorzar ou cear. Os seus amigos alcumábano “o Mocos”, xa que sempre que lle proía o nariz metía o dedo en busca de mozos cos que facía boliñas que empregaba nos seus xogos.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.