https://hablamosdelibros.es/producto/guia-dos-seres-fantasticos-que-viven-en-galicia-sen-que-talvez-o-saibas/325968Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibasSabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en calquera momento podes atoparte con eles? Algunhas destas criaturas son moi coñecidas (bruxas, trasnos, lobishomes...), pero hai outras que se cadra ignoras e, polo teu ben, non deberías. Que habilidades teñen? En que lugares é máis frecuente atopalas? Son perigosas? Neste libro, ademais de coñecer algúns dos fascinantes seres que viven entre nós, encontrarás información valiosa sobre que facer en caso de velos. Atrévete a entrar no mundo da mitoloxía galega. Sorprenderaste co que vas descubrir!https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/09/XG00417801-600x754.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/09/XG00417801-300x300.jpg82429982599827998275824736.990.000.002025-09-17T07:28:54+02:00
Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas
Sabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en calquera momento podes atoparte con eles? Algunhas destas criaturas son moi coñecidas (bruxas, trasnos, lobishomes…), pero hai outras que se cadra ignoras e, polo teu ben, non deberías. Que habilidades teñen? En que lugares é máis frecuente atopalas? Son perigosas? Neste libro, ademais de coñecer algúns dos fascinantes seres que viven entre nós, encontrarás información valiosa sobre que facer en caso de velos. Atrévete a entrar no mundo da mitoloxía galega. Sorprenderaste co que vas descubrir!
Sabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en calquera momento podes atoparte con eles? Algunhas destas criaturas son moi coñecidas (bruxas, trasnos, lobishomes…), pero hai outras que se cadra ignoras e, polo teu ben, non deberías. Que habilidades teñen? En que lugares é máis frecuente atopalas? Son perigosas? Neste libro, ademais de coñecer algúns dos fascinantes seres que viven entre nós, encontrarás información valiosa sobre que facer en caso de velos. Atrévete a entrar no mundo da mitoloxía galega. Sorprenderaste co que vas descubrir!
licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora dos álbums «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2018), ilustrado por Nuria Díaz, «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2019), con ilustracións de Abi Castillo, e «Guía ilustrada dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas» (Xerais, 2025), ilustrado por David Rodríguez.
David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico, ilustrador e escritor de profesión e activista político vocacional. Publicou teatro radiofónico: «O Bambán» (Xerais, 2007), «Nunca me esquecerei de ti» (Xerais, 2010); poesía: «Lapidarias, os versos escuros» (Xerais, 2010); literatura infantil: «Superavoa» (Xerais, 2020); ensaios colectivos: «Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural» (2010), «A praza é nosa» (2011), «15-M. O pobo indignado» (2011), «Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção» (2012), «Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política» (2014). Desde 2005 mantén o blog «O funambulista coxo», do que ten publicada unha escolma en papel titulada «Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro» (2012). En 2018 publica o ensaio «O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega» (Xerais). Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Nós Diario», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Mientras Tanto», «Espai Marx», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal». No enderezo de correo electrónico «ofunambulista@gmail.com» pódese contactar con el, así como a través da súa conta en Twitter (@ofunambulista), onde desafoga as súas coitas.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"325968","price":"6.99","category":"libros infantiles","name":"Gu\u00eda dos seres fant\u00e1sticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!