https://hablamosdelibros.es/producto/laia-a-nena-da-illa-14/281091Laia, a nena da illaLaia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira na súa vida e púxoas ó seu servicio. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: "Non te enfrontes ó mar", "déixate levar."9.50instockLibros infantilesA partir de 9 años00.00082467824658247598265982779.500.000.002023-09-14T07:57:37+02:00
Laia, a nena da illa
Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira na súa vida e púxoas ó seu servicio. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: “Non te enfrontes ó mar”, “déixate levar.”
Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira na súa vida e púxoas ó seu servicio. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: “Non te enfrontes ó mar”, “déixate levar.”
Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios.
En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017.
Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995).
Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.
Kiko da Silva (Vigo, 1979). Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, historietista, ilustrador e director editorial galego. Con tan só 16 anos publicou o seu primeiro libro ilustrado e empezou a traballar como humorista gráfico no diario «La Voz de Galicia». Un ano despois recibiría o Premio Ourense de Banda Deseñada ao mellor autor afeccionado.
Como ilustrador, o seu traballo pódese atopar en títulos como «Laia, a nena da illa» (Xerais 2006), «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», «A memoria das árbores», «Moncho e a mancha», «¿Que contan as ovellas para durmir?» ou «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019).
En 2001 fundou, xunto co libreiro pontevedrés Cano Paz, a revista «BD Banda» e en 2007 lanzaría a revista satírica en galego «Retranca». Tamén foi o creador da revista infantil «Fiz», inspirada na banda deseñada da súa autoría «Fiz nos biosbardos» (2005), despois da cal publicou o álbum «Fiz, o neno máis porco do mundo» (2011), personaxe que protagoniza tamén o curso de banda deseñada «Aprende banda deseñada con Fiz» (Xerais 2019).
Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, onde exerce como director e profesor.
Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica, «Baixo a sombra das pedras flotantes.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!