https://hablamosdelibros.es/producto/noites-de-safari/105755Noites de safariFarta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío.
Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Son as memorias sicalípticas alfabéticas de Marleen MaLone, pseudónimo baixo o que se agacha unha aprendiz de cazadora que só atende ao reclamo da súa crica cando esta lle suxire unha noite de safari.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00283201-600x910.jpg3.99instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00283201-300x300.jpg10244998805102491102463997203.990.000.002023-02-20T22:24:22+02:00
Noites de safari
Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío.
Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Son as memorias sicalípticas alfabéticas de Marleen MaLone, pseudónimo baixo o que se agacha unha aprendiz de cazadora que só atende ao reclamo da súa crica cando esta lle suxire unha noite de safari.
Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío.
Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Son as memorias sicalípticas alfabéticas de Marleen MaLone, pseudónimo baixo o que se agacha unha aprendiz de cazadora que só atende ao reclamo da súa crica cando esta lle suxire unha noite de safari.
(Marleen MaLone) Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) non foi culpable de malograr a súa vida. Foron os planetas quen se aliñaron o día do seu nacemento co fin de estampala contra a necesidade creativa. Subornou a unha astróloga para que lle refixese a carta astral, sen resultado favorable: o signo zodiacal Acuario, con ascendente en Acuario, aferrábase a ela, impedíndolle unha existencia ortodoxa. Na busca dun porvir común, obviou a quiromancia (sempre tiña as mans sucias) e a cafeomancia (a cafeína alterábaa). Suplicoulle, entón, a unha vidente, que lle augurara un futuro máis pragmático que quimérico. Nin a bóla de cristal nin o tarot a compraceron. Foi nunha terapia de regresión onde comprendeu todo: na súa vida anterior fora unha vedete, de nome artístico Marleen MaLone, á que lle encomendaran a misión de distraer as tropas no tempo da guerra. Tan ben desempeñara o seu papel que os soldados esqueceran lanzar bombas, pois andaban atarefados en desatoar os canos dos seus pistolos. Foi a bibliomancia quen lle puxo título a este manual cando a autora abriu un libro de Félix Rodríguez de la Fuente e, cos ollos pechados, sinalou co dedo unha frase: «O ruxir das femias en celo durante as noites de safari.» En Xerais, publicou o libro de relatos "Vidas post-it" (2007), o poemario "Amor amén" (2008), "Periferia" (Premio Xerais de Novela 2010) e ''Noites de safari'' (Xerais, 2018).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!