Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío.
Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Son as memorias sicalípticas alfabéticas de Marleen MaLone, pseudónimo baixo o que se agacha unha aprendiz de cazadora que só atende ao reclamo da súa crica cando esta lle suxire unha noite de safari.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.