«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola tenrura, o humor e a resiliencia.
Ao mesmo tempo, Marta vai revelando a súa propia fraxilidade, convertendo o libro nun retrato coral e humano onde profesionais e pacientes comparten algo esencial: todos forman parte dese «nós» que intenta seguir adiante, acompañando e deixándose acompañar.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
