https://hablamosdelibros.es/producto/o-retorno-dos-homes-marinos-2/104961O retorno dos homes mariñosXurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños.» Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela «A gran travesía de Chiruca Macallás», traballa nun taller téxtil. É «heavy» e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00328901-600x890.jpg9.99instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00328901-300x300.jpg99478987499933099450988989.990.000.002023-02-20T21:54:15+02:00
O retorno dos homes mariños
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños.» Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela «A gran travesía de Chiruca Macallás», traballa nun taller téxtil. É «heavy» e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.

XURXO SOUTO (1966). Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Así que comezou a preguntar e a compartir polo medio que for tanta descuberta. No ano 1999 gravou cos Diplomáticos de Monte-Alto o CD «Capetón», nome en galego do mar de Cape Town, na fin de África. En 2006 dirixiu o programa «Mil Ribeiras», na Radio Galega. Escribiu «Contos do mar de Irlanda» (Xerais, 2014) e a novela «A gran travesía de Chiruca Macallás» (Xerais, 2018). Dúas décadas despois da súa aparición, recuperamos (en clave celebración) a primeira parte deste libro: «O retorno dos homes mariños» (Xerais, 1999, 2020), o relato dunha verdadeira iniciación oceánica. Porque, como dixo Staffan Mörling: «Non vivimos na fin da Terra, nós vivimos no centro do Mar».
En 2024 publicou "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024). «A Novela do Bravú» (Xerais, 2025) é a súa última obra.
(Foto do autor: Sofía de Labañou)
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!