https://hablamosdelibros.es/producto/o-triangulo-vermello/320382O triángulo vermelloMercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres. A súa biografía é unha lección de vida, de solidariedade e compromiso coa liberdade e a xustiza. A súa herdanza, unha vacina contra o fascismo.
«O triángullo vermello» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia. Unha biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, a través da mirada inocente do seu fillo Pablo.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/10/XG00354601-600x835.jpg7.50instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/10/XG00354601-300x300.jpg82429982819825798271824677.500.000.002024-10-23T07:19:41+02:00
O triángulo vermello
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres. A súa biografía é unha lección de vida, de solidariedade e compromiso coa liberdade e a xustiza. A súa herdanza, unha vacina contra o fascismo.
«O triángullo vermello» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia. Unha biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, a través da mirada inocente do seu fillo Pablo.
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres. A súa biografía é unha lección de vida, de solidariedade e compromiso coa liberdade e a xustiza. A súa herdanza, unha vacina contra o fascismo.
«O triángullo vermello» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia. Unha biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, a través da mirada inocente do seu fillo Pablo.
Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Xornalismo. Foi redactora no semanario «A Nosa Terra» e formou parte da redacción de «Sermos Galiza». Tamén formou parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Como autora, centrouse especialmente en publicacións encamiñadas a recuperar a memoria das mulleres; entre elas, a biografía de Maruxa Mallo ou os estudos biográficos dos libros memorialísticos «Diarios» de Syra Alonso ou «Cárcere de Ventas» de Mercedes Núñez. Publicou tamén «M.ª Luz Morales, a grande dama do xornalismo» e, xunto con David Barro, o libro de entrevistas «Voces de Atlántica». En 2024 publica, xunto con Pablo Iglesias Núñez, o álbum «O triángulo vermello» (Xerais, 2024), dedicado á figura de Mercedes Núñez e ilustrado por Belén Diz Juncal. Os dereitos de autora deste libro van destinados a organizacións de apoio á infancia de Gaza, Palestina.
Belén Diz Juncal (1993) vive en Pontevedra. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e posteriormente titulada no máster de álbum ilustrado e animación audiovisual na mesma universidade, dedícase a consumir bolígrafos, raiando nun papel realidades que pretenden completar a súa propia.
O seu traballo engloba diferentes temas e disciplinas, entre as que destacan a idea da infancia, o corpo e o fogar como refuxio, na que se pretende representar ese espazo que nos fai sentir seguros por medio de escenas onde o propio corpo, a mirada e o contexto reflicten un imaxinario construído a partir de recordos, sensacións e sentimentos. En Xerais, é autora das ilustracións do álbum «O triángulo vermello» (2024).
Pablo Iglesias Núñez (París, 1949) é fillo da política republicana Mercedes Núñez Targa e ten traballado en favor da memoria de todas aquelas persoas que viviron e loitaron durante a guerra civil e que máis tarde sufriron deportación nos campos nazis. Verdadeiro albacea da memoria de Mercedes Núñez, en 2024 publica xunto con Carme Vidal o álbum ilustrado «O triángulo vermello», unha biografía emocional da súa nai, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo. Os dereitos de autor deste libro van destinados a organizacións de apoio á infancia de Gaza, Palestina.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!