https://hablamosdelibros.es/producto/o-xardin-das-pedras-flotantes/99562O xardín das pedras flotantesO xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración orixinándose moito antes da súa propia infancia até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00205201-600x914.jpg8.99instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00205201-300x300.jpg10249199354101418998901024198.990.000.002023-02-20T18:41:42+02:00
O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración orixinándose moito antes da súa propia infancia até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos "Algúns outros" (1991); "Da esfinxe" (1992); "As paisaxes compartidas" (1996), Premio Carvalho Calero; "Noites de papel" (1997), Premio Café Dublín; "Infidelicidades" (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas "Arqueofaxia" (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; "O xardín das pedras flotantes" (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e "Cegoñas ao fondo da ría" (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas "No outono das fragas" (1995); "Tanis I o Mocos" (Xerais 1998); "O que é a vida" (Xerais 2001); "Estanislao, príncipe de Sofrovia" (Xerais 2002); "Irmán do vento" (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; "Ela atopa un nome" (2005); "Unha pantasma no colexio" (2006); "O día despois do día" (2007); "Mundo Arb" (2011), Premio O Barco de Vapor; "Flor de área" (Xerais 2013) e "Ceiba de Luz" (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán.
Como autor de libros infantís, publicou "Animais de compañía" (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; "O patadón" (2001 Xerais); "Piñeco" (2004), e unha versión do clásico "A leiteira" (1999). No campo do teatro, é autor de "Auto do Entroido" (1995), Premio O Facho e "A música da noite" (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como "Muralla de Cresconio 2", "Galicia Solidariedade", "Premios Pedrón de Ouro 1990-1991", "Unha liña no ceo. 58 narradores galegos", "Novo do trinque", "Contos de chistes, portas e sorrisos", "Educación e Paz III. Literatura galega pola paz", "Limiaxinacións", e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor "Retranca" (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!