https://hablamosdelibros.es/producto/todo-o-tempo-do-mundo/106081Todo o tempo do mundoAriadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre.
Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00252101-600x845.jpg6.99instockLiteraturaLibros infantilesNovela literariaA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00252101-300x300.jpg98719987559876598693987056.990.000.002023-02-20T22:36:59+02:00
Todo o tempo do mundo
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre.
Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre.
Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.
David Pérez Iglesias (Ames, 1962) é escritor, guionista e profesor de lingua e literatura no IES de Porto do Son. Como narrador publicou: «O pergameo de Elir» (1987); «Estación Término» (Xerais, 1993), Premio de relato Cidade de Lugo; «Cando veña a noite» (2005), premio Antón Avilés de Taramancos, e «Todo o tempo do mundo» (Xerais, 2016), Premio Merlín de Literatura Infantil. Algúns dos seus relatos forman parte de obras colectivas como «Samago, Fascismo» de «Tecendo Panos» (2000), Premio Manuel Murguía de narracións breves; «Mares do Sur» de «Paisaxes e palabras» (2001) e «Vidros» d' «A garza insomne» (2016). É responsable da canle de vídeo SonCine, traballo de innovación didáctica polo que foi premiado pola Consellaría de Educación e a ASPG.
Marcos Viso (Ourense, 1973) é arquitecto técnico pola Universidade da Coruña, profesión que exerceu ata o ano 2013, cando decidiu dedicarse á ilustración. Despois de terminar o Ciclo Superior de Ilustración na Escola de Arte e Deseño Antón Faílde de Ourense, realizou en 2013 o curso «Taller do A ao Z, realización dun álbum ilustrado», impartido por Jorge Zentner, Mariona Cabassa e Rebeca Luciani en Barcelona. Na actualidade reside en Ourense, onde traballa en varios proxectos persoais de álbum ilustrado e imparte clases de debuxo e ilustración. En Xerais publicou o álbum «Vaite xa!» (2016) e ilustrou os libros «Unha casiña branca» (2015) de Marcos Calveiro, «Todo o tempo do mundo» (2016) de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil, «Avións de papel» (2017) de Xavier Estévez, e "Paseniño, paseniño" de Antonio Garcia Teijeiro. Dá noticia dos seus traballos na web: www.marcosvisoilustracion.com.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"106081","price":"6.99","category":"literatura","name":"Todo o tempo do mundo"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!