O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mesozoico enterrado nas profundidades.
É unha das novelas máis imaxinativas de Jules Verne, na cal transcende o seu habitual apego ao científico para describir a posibilidade dun mundo alternativo primitivo baixo os nosos pés. Hai incluso quen pretende ver claves esotéricas nos argumentos e personaxes, aspecto simbólico que posiblemente nunca sexa descifrado por completo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.