https://hablamosdelibros.es/producto/xose-filgueira-valverde/98928Xosé Filgueira ValverdeÉ esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudel...
Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro...). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935.
A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00241501-600x910.jpg20.95instockLiteratura00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00241501-300x300.jpg824679827998259982718247520.950.000.002023-02-20T18:18:17+02:00
Xosé Filgueira Valverde
É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudel…
Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro…). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935.
A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega dende 2013, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos entre os que cabe destacar: "Cen anos de literatura galega" (1964); "Informe -dramático- sobre la lengua gallega" (1973); "Celso Emilio Ferreiro" (1982); "Decálogo da lingua galega" (1990); "Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado)" (1991); "As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane" (Xerais 1994, 2002); "Ensaios breves de literatura e política" (1996); "Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971)" (2003); "A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954" (Xerais 2003); "Intelectuais marxistas en Galicia (1920-2006)" (Xerais 2006); "Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004)" (Xerais 2004); "Eduardo Jorge Bosco (Poemas en lingua galega)" (Xerais 2007); "Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)" (Xerais 2009); "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo" (Xerais 2011, Premio Losada Diéguez, 2012), "Castelao na Unión Soviética en 1938" (Xerais, 2012); "Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo" (Xerais 2014) e "Xosé Filgueira Valverde: Biografía intelectual" (Xerais 2015). Unha escolma da súa obra xornalística foi recollida en "Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)" (2000), publicación con motivo da concesión do Premio Roberto Blanco Torres 2000. Escolmou a súa produción lírica no libro "Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo" /Xerais 2017). Director do Centro de Estudos Rosalianos, é autor de centos de traballos sobre Rosalía de Castro e outros escritores.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!