A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle
a volta á historia nunha ficción na cal seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo. Situada cronoloxicamente pouco antes do xenocidio de América, a novela fabula desde a ollada inocente ou desconfiada con que os aztecas observan e interpretan a vida e os costumes galegos de finais da Idade Media.
Denunciando o feito de que un pobo se poida erixir en conquistador e dominador doutro, Avel·lí Artís-Gener parte do coñecemento das linguas propias de México, como o náhuatl, para realizar un xogo de espellos que fascina nunha novela chea de humor, magnificamente traducida por Eduard Velasco, e que supón unha férrea defensa da liberdade dos pobos e da convivencia das culturas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.