https://hablamosdelibros.es/producto/nunca-paraiso/106071Nunca paraísoEste volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a "Solitarios". Como as do segundo, "A Rolda", implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, "Contratempo", convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de "Azul" axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite... Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00260101-600x910.jpg21.95instockLiteraturaLiteratura contemporánea00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00260101-300x300.jpg102443988961024571024459880521.950.000.002023-02-21T00:36:37+02:00
Nunca paraíso
Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a “Solitarios”. Como as do segundo, “A Rolda”, implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, “Contratempo”, convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de “Azul” axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite… Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.

Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!