https://hablamosdelibros.es/producto/o-concurso-dos-mellores-inventos-e-outros-incribles-acontecementos/315407O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional) e a compañía de Pedro (un neno orfo amante da goma de mascar) o éxito parece garantido. Xuntos viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra malvados impostores enmascarados e vivirán unha disparatada e divertidísima aventura na procura da vitoria. Polo camiño, descubrirán algo aínda máis importante que o triunfo e os billetes: o poder da amizade e da imaxinación.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/03/XG00398001-600x845.jpg6.99instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/03/XG00398001-300x300.jpg102469983871024451024431024496.990.000.002024-03-13T07:20:42+02:00
O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)
O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional) e a compañía de Pedro (un neno orfo amante da goma de mascar) o éxito parece garantido. Xuntos viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra malvados impostores enmascarados e vivirán unha disparatada e divertidísima aventura na procura da vitoria. Polo camiño, descubrirán algo aínda máis importante que o triunfo e os billetes: o poder da amizade e da imaxinación.
O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional) e a compañía de Pedro (un neno orfo amante da goma de mascar) o éxito parece garantido. Xuntos viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra malvados impostores enmascarados e vivirán unha disparatada e divertidísima aventura na procura da vitoria. Polo camiño, descubrirán algo aínda máis importante que o triunfo e os billetes: o poder da amizade e da imaxinación.
Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. Por «Raíz da fenda» (Xerais, 2013) obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía e posteriormente o Premio da Crítica Española e o da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega na modalidade de poesía. Como narradora é autora, entre outros libros, das novelas «O derradeiro libro de Emma Olsen» (2013), Premio Repsol de Narrativa Breve e Premio da Asociación Galega de Editoras ao mellor libro de ficción; «Carrusel» (2019), Premio García Barros e Premio da Crítica Española; «Illa Decepción» (2020), Premio Repsol de Narrativa Breve e finalista do Premio da Crítica Galicia; «Os seres queridos» (Xerais, 2022), obra coa que conseguiu o Premio Xerais de Novela 2021, o Premio Follas Novas de Narrativa, 2023 e o Premio da Crítica de Galicia (Creación Literaria), 2023; e «A ferida imaxinaria» (Xerais, 2024). No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora dos álbums ilustrados «A fuxida» (2014) e «O libro grande dos números pequenos» (Xerais, 2023), do libro de poemas «A pel do mundo» (2017), das novelas infantís «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (Xerais, 2022) e «O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)» (Xerais, 2024) e da novela xuvenil «Un elefante na sala de estar» (Xerais, 2022), coa que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021. Fotografía da autora: Adela Dávila.
Julia Lago é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cun máster en Ilustración e Deseño pola Politécnica de Valencia. Combina a produción propia con proxectos editoriais e publicitarios. O seu primeiro cómic, «Nós seis», foi galardoado co XVI Premio Castelao de Banda Deseñada. No ano 2022 abriu na Coruña a galería Grelería, un espazo especializado en obra gráfica e outras artesanías contemporáneas que foi merecedor das axudas Injuve pola Creación Joven. En Xerais, é autora das ilustracións das novelas «Ánxela e Spencer» (2023) e «O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)» (2024).
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"315407","price":"6.99","category":"libros infantiles","name":"O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!