A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pertenza e o desapego, entre a fidelidade herdada e a liberdade desexada.
«A Casa Grande» é unha novela poderosa e íntima que mergulla nas contradicións das relacións familiares: fráxiles nas formas, pero persistentes no fondo. Un relato cheo de humor, nostalxia e verdades incómodas, que nos lembra que todos estamos feitos, dalgún xeito, das historias que outros deixaron atrás.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.