https://hablamosdelibros.es/producto/verbas-de-sal/99904Verbas de salVilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas. Vilamollada tamén ten unha taberna, unha escola e unha biblioteca pechada, e... o seu tolo. Si, Vilamollada ten o seu tolo como todas as vilas. Ou iso din algúns.
Don Evaristo, que así se chama o suposto tolo, vive só nun cuarto alugado da Pensión Malola, unha das máis cutres de Vilamollada.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00169201-600x678.jpg11.95instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00169201-300x300.jpg987099875398739987619876711.950.000.002023-02-20T18:54:14+02:00
Verbas de sal
Vilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas. Vilamollada tamén ten unha taberna, unha escola e unha biblioteca pechada, e… o seu tolo. Si, Vilamollada ten o seu tolo como todas as vilas. Ou iso din algúns.
Don Evaristo, que así se chama o suposto tolo, vive só nun cuarto alugado da Pensión Malola, unha das máis cutres de Vilamollada.
Vilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas. Vilamollada tamén ten unha taberna, unha escola e unha biblioteca pechada, e… o seu tolo. Si, Vilamollada ten o seu tolo como todas as vilas. Ou iso din algúns.
Don Evaristo, que así se chama o suposto tolo, vive só nun cuarto alugado da Pensión Malola, unha das máis cutres de Vilamollada.
Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988); «Ventos» (1992; «Lueiro de papel» (1995; «Na fogueira dos versos» (1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética; «Chove nos versos» (2004); «Recendos de aire sonoro» (2011); «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), «Vento, ventiño, venteiro» (2019), e «No xardín do poeta» (2021). No eido da narrativa para mozos e mozas publicou en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002); «Honorato, o rato namorado» (2007) e «Verbas de sal» (2011). Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas.
Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), licenciado en Belas Artes pola Universidade de Valencia, cursou estudos na Escola Massana de Barcelona e en 2002 publicou «Freda», que foi seleccionado para integrar o catálogo White Ravens. Despois deste traballo virían «Psiconautas» (2006), «El Evangelio de Judas» (2007), «POE» ou «La Sombra sobre Innsmouth». A súa obra foi distinguida co Premio INJUVE de cómic e ilustración (2001), o Premio Nacional Valenciacrea (2004), o Premio Diario de Avisos ao mellor guión realista (2007), o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración (2007) e o Premio do público ao mellor debuxo no Salón Internacional de Cómic de Barcelona (2007). Foi membro fundador do colectivo «Polaqia», coeditor do Fanzine «Enfermo e Condorito Muerto». Colaborador habitual de «El País Semanal», Vázquez publica en revistas estatais e internacionais. En 2010 dirixiu a curta de animación «BIRDBOY», baseada no seu cómic «Psiconautas», que gañou varios galardóns como o festival internacional de Foyle e o premio ZINEBI 2010 á mellor curta vasca. Moscú, Beja, Bos Aires, Nápoles, Ourense ou La Paz son algunhas das cidades onde expuxo os seus traballos. En Xerais publicou «Verbas de sal» (2011), de Antonio García Teijeiro, os álbums de El Hematocrítico «Feliz feroz. O lobo riquiño» (2016), «Axente riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), así como a colección Os Hematiños, tamén do Hematocrítico, que leva cinco títulos publicados: «Un can» (2021), «O meu irmono» (2021), «Gaivota gourmet» (2022), «Oso banda» (2022) e «Unha unicornia» (2023).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!