Manuel Garrido Rivero (Segovia, 1964) é historiador e peregrino. Desde 1996 traballa na S. A. de Xestión do Plan Xacobeo (Xunta de Galicia). É autor de libros e artigos relacionados co Camiño de Santiago como «Guía práctica do Camiño Portugués. De Ponte de Lima a Santiago» (2004); «A Ribeira Sacra. Guía práctica» (2008); «Guía de Padrón» (2019) e «El Camino de Santiago: doce siglos de historia» (2023). Tamén é coautor de «Paseniño pola Vía da Prata. O Camiño Mozárabe pola provincia de Ourense» (2025).
Participou na redacción da «Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura jacobea» (2010 e foi directivo da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS).
Tamén impartiu a materia Antropoloxía e o Camiño de Santiago no máster sobre o Camiño de Santiago da Universidad Pontificia de Salamanca.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.