Uxía Martínez Recamán naceu nunha aldea do Morrazo en 1965, nunha familia de mariñeiros que, ao pouco da súa chegada, se mudará á cidade de Vigo. Nesta cidade comezou os estudos universitarios e despois trasladouse a Santiago para rematalos na Facultade de Filoloxía da USC que, por entón, comezaba a súa andaina na licenciatura de Galego-Portugués. Ao finalizar os estudos, dedicouse ao ensino de Lingua e Literatura en centros de secundaria por toda Galicia. Co tempo, comezou a traballar no sector editorial realizando distintas funcións como a edición e a autoría, sempre arredor do libro educativo de Lingua Galega. En 2026 publica «Rosalíate. Pequena biografía de Rosalía de Castro», unha biografía infantil, en formato álbum, con ilustracións de Laura Suárez.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.