https://hablamosdelibros.es/producto/a-clase/101440A clase"Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba."
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00156301-600x916.jpg23.50instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00156301-300x300.jpg9966698387983859903010141823.500.000.002023-02-20T21:46:29+02:00
A clase
“Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.”
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.
“Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.”
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.
Isabel Soto comezou o seu labor profesional como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría da literatura. Alén da súa actividade como crítica literaria en diferentes medios, foi secretaria de "Golfiño" e GÁLIX, colaborou na "Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega" (Xerais, 2015) e editou os ensaios de Agustín Fernández Paz nos volumes "O rastro que deixamos" (Xerais, 2012) e "Un mundo de palabras" (Xerais, 2017). Na actualidade, dedícase sobre todo á tradución -en ocasións, canda Xavier Senín-, á edición e á divulgación da LIX. É coautora do libro "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro" (Xerais 2018).
François Bégaudeau (Luçon 1971) é profesor, xornalista deportivo, escritor, cantante e actor. Colaborador habitual de varias revistas culturais: Inculte, Cahiers du cinéma, Transfuge e cronista de La matinale de Canal +. Iniciou a súa carreira como narrador en 2003 coa publicación da novela Jouer juste. Posteriormente publicou a novela Dans la diagonale (2005) e a ficción biográfica Un démocrate, Mick Jagger 1960-1969. Xa en 2006 publicou Entre les murs (A clase, Xerais 2008), a súa terceira novela, que recibiu o Prix France Culture/Telerama e o recoñecemento apoteósico do público francés. En 2007 publicou a súa cuarta novela Fin de l' histoire e en 2008 o ensaio Antimanuel de litterature e a peza teatral Le problème. En 2008 Entre les murs foi adaptada ao cinema por Laurent Cantet, película na que o propio Bégaudeau participou como coguionista e intérprete do papel do profesor protagonista e que, ademais, mereceu a Palma de Ouro do Festival de Cannes do mesmo ano.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!