Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, arrancando desde Altamira, facendo unha Reconquista, sendo unificada polos Reis Católicos, gobernando un Imperio etc., chega ata hoxe como a nación máis antiga de Europa. Con esta deturpada información histórica ficou a case totalidade da poboación. Os hispanistas discordaron con ese devir da nosa Historia e algúns historiadores españois sabían perfectamente que as cousas sucederan de xeito diferente a como tiñan que contalas, iniciándose, xa neste século, as discrepancias abertas coa Historia oficial. Este libro cuestiona toda a construción historiográfica dunha maneira orixinal, xa que o seu fío condutor discorre a base de ganduxar as ideas propias por medio de textos alleos para que aquelas vaian ben arroupadas cientificamente. Galicia non podía ficar á marxe desta historiografía.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.