https://hablamosdelibros.es/producto/ai-que-risa-os-minimortos-2/142661Ai, que risa! Os MinimortosO oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organizar un concurso de números cómicos no que poidan participar todos os habitantes do Outro Barrio. A quen gañe, levantaráselle a multa. Conseguirán que Penoso volva rir?https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00344801-600x857.jpg13.50instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00344801-300x300.jpg987659876398743986999871313.500.000.002023-02-22T13:16:50+02:00
Ai, que risa! Os Minimortos
O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organizar un concurso de números cómicos no que poidan participar todos os habitantes do Outro Barrio. A quen gañe, levantaráselle a multa. Conseguirán que Penoso volva rir?
O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organizar un concurso de números cómicos no que poidan participar todos os habitantes do Outro Barrio. A quen gañe, levantaráselle a multa. Conseguirán que Penoso volva rir?
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019), «Golpes de luz» (2021) e «Pel de cordeiro» (2024). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016); «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego; «Conexión Macarrón» (Xerais 2019); «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020); «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con tres títulos ata o momento «Curriño. O can influencer», «Curriño. Benvido ao equipo» e «Curriño. Fama ou fuga».
Mar Villar (Alacant, 1984) é ilustradora infantil. Estudou Belas Artes, primeiro en Altea e despois en Salamanca. Foi entón cando se lle cruzou a ilustración no camiño e viu claro a que quería dedicarse. En 2009 obtivo un accésit nos premios INJUVE, que a animou a preparar un portafolio e mudarse a Madrid coa intención de ensinalo. Cos anos foi abríndose camiño e actualmente traballa principalmente ilustrando libros infantís. En Xerais, ilustrou «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa Vermella» (2020), «Vaia cabuxiño!» (2021) e «Axente Riciños, Misión Princesa» (2022), «Morto de fame» (2023) e a serie Os Minimortos, cos títulos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (2022).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!