https://hablamosdelibros.es/producto/alguen-ao-lado/327250Alguén ao ladoLuís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe.
Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente.
«Alguén ao lado» é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse.
Xabier Quiroga mergúllanos nun mundo de extraordinaria sinceridade e profundidade emocional que, co paso das páxinas, nos vai descubrindo algo tan variado e fráxil coma o que chamamos, simplemente, vida.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/12/XG00426001-600x890.jpg9.99instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/12/XG00426001-300x300.jpg98449984419843598431982679.990.000.002025-12-24T07:22:13+02:00
Alguén ao lado
Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe.
Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente.
«Alguén ao lado» é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse.
Xabier Quiroga mergúllanos nun mundo de extraordinaria sinceridade e profundidade emocional que, co paso das páxinas, nos vai descubrindo algo tan variado e fráxil coma o que chamamos, simplemente, vida.

Xabier Quiroga, que prefire non divulgar datos biográficos e que segue a considerar que «na literatura importa a obra en si e non a montaxe que se argalla arredor dela», deuse a coñecer con «Atuado na braña» (Xerais, 2002), novela longa que recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). A seguir entregou unha pequena alfaia literaria, «Era por setembro» (Xerais, 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola «emoción que destila no recanto de cada páxina». Volveu tras os pasos da súa primeira novela en «Se buscabas un deus» (Xerais, 2006), unha reflexión sobre o futuro que nos agarda.
As súas seguintes achegas consolidárono como un autor de referencia nas letras galegas: «O Cabo do Mundo» (Xerais, 2009) e «Zapatillas rotas» (Xerais, 2014) outorgáronlle os Premios da Crítica de 2010 e de 2015, respectivamente; e a sorprendente «Izan o da saca» (Xerais, 2015) recibiu o Premio Arcebispo San Clemente 2016 e mais o favor do público lector. Con «O baile dos estorniños» (Xerais, 2021), que ten en común con «O Cabo do Mundo» e «Izan o da saca» a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra. A súas novelas máis recentes son «Coa man esquerda» (Xerais, 2023) e «Alguén ao lado» (Xerais, 2026).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!