https://hablamosdelibros.es/producto/oficio-nocturno/331378Oficio nocturnoCibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos. O encontro casual cunha misteriosa muller incrementará esa sensación de irrealidade.
Pasan a noite xuntos, pero advirte algo estraño na súa actitude, coma se notase o alento de alguén que a está perseguindo. Quizais iso explique que unha parella de falsos policías leve días investigando o paradoiro da rapaza e que un Cibrao cada vez máis confundido se vexa arrastrado pola necesidade de entender que agochaba detrás dese comportamento.
Mentres se refuxia no Harvest, bar que rexenta o seu amigo Kodran, atopa unha pista nunha mochila cargada de billetes de dubidosa procedencia. A noticia dun incendio na portada dos xornais demostrará que eses cartos son só a antesala dunha serie de acontecementos terribles.
Diego Ameixeiras e Fran Bueno constrúen un universo onde a tensión non dá tregua, cheo de personaxes que cargan con feridas que non se ven pero sangran sen parar. Unha historia que mestura a intensidade do thriller coa profundidade emocional dunha crónica humana.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/09/XG00429801-600x602.jpg9.99instockCómic e ilustradoCómic00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/09/XG00429801-300x300.jpg9838799646102491989721024479.990.000.002026-09-23T07:29:26+02:00
Oficio nocturno
Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos. O encontro casual cunha misteriosa muller incrementará esa sensación de irrealidade.
Pasan a noite xuntos, pero advirte algo estraño na súa actitude, coma se notase o alento de alguén que a está perseguindo. Quizais iso explique que unha parella de falsos policías leve días investigando o paradoiro da rapaza e que un Cibrao cada vez máis confundido se vexa arrastrado pola necesidade de entender que agochaba detrás dese comportamento.
Mentres se refuxia no Harvest, bar que rexenta o seu amigo Kodran, atopa unha pista nunha mochila cargada de billetes de dubidosa procedencia. A noticia dun incendio na portada dos xornais demostrará que eses cartos son só a antesala dunha serie de acontecementos terribles.
Diego Ameixeiras e Fran Bueno constrúen un universo onde a tensión non dá tregua, cheo de personaxes que cargan con feridas que non se ven pero sangran sen parar. Unha historia que mestura a intensidade do thriller coa profundidade emocional dunha crónica humana.

Fran Bueno (Santiago de Compostela, 1967 é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
Rematados os estudos traballou en cómic e ilustración de libros de texto. Participou na creación do Estudio Tangaraño con compañeiros reunidos nun curso de animación de Dygra Films. Durante tres anos fixeron libros, obras divulgativas e animación para a TVG.
Comezou a publicar cómics de ficción debuxando a serie «Os Escachapedras» para a revista «Golfiño», con Marilar Aleixandre nos guións. Pouco despois deu o salto internacional, traballando primeiro en Francia e despois nos Estados Unidos, para coleccións como «Noble Causes» ou «Graveyard Shift», ambas as dúas escritas por Jay Faerber para Image Comics.
Ao mesmo tempo escribiu e debuxou cómics como «Palmira e Marcial, odisea medioambiental», un traballo divulgativo para a Xunta de Galicia; «Moncho Valcarce», unha biografía do famoso cura activista ou «Catálogo oneroso de beleza gratuíta», co que gañou o premio Castelao en 2013.
Foi mestre na escola profesional de cómic o Garaxe Hermético, fundada por Kiko da Silva. Durante nove cursos impartiu as materias de entintado tradicional, anatomía e perspectiva.
Ao longo dos anos creou múltiples ilustracións para anuncios, manuais e libros infantís e xuvenís, e compartiu créditos con escritoras como Helena Villar Janeiro, Marilar Aleixandre, Agustín Fernández Paz, Xosé Antonio Neira Cruz, Xelís de Toro, Iolanda Eiras, An Alfaya ou Yolanda Castaño.
Dende 2019, representado pola axencia Astound, participou en numerosas publicacións británicas e estadounidenses. Entre elas pódense citar «The Haunted High-Tops», escrito por Rosie Knight para Capstone Publishing; «The bravest roman of all», escrito por Leila Rasheed para Oxford University Press ou «Archives of the unexplained: Area 51», un cómic para First Second escrito por Steve Foxe.
En Xerais publicou os seguintes libros: «A lenda da cidade asolgada» (1995), «O laboratorio do doutor Nogueira» (1998), «Ith» (2001), «Baldrás, o xigante» (2009) e «Oficio nocturno» (2026), con guión de Diego Ameixeiras.
Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Escribe en «La Voz de Galicia». Publicou en Xerais todas as súas novelas: «Baixo mínimos» (2004); «O cidadán do mes» (2006); «Tres segundos de memoria», Premio Xerais de Novela (2006); «Dime algo sucio» (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; «Asasinato no Consello Nacional» (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; «Historias de Oregón» (2011), Premio de Novela por Entregas de «La Voz de Galicia»; «Todo OK» (2012); «Matarte lentamente» (2013); «Conduce rápido» (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; «A noite enriba» (2015), «A crueldade de abril» (2018); «O cervo e a sombra» (2021), Premio Nacional da Crítica, Premio Follas Novas, Premio Pata Negra-Domingo Villar e finalista do Premio Hammett; «Un anarquista» (2024), e «O derradeiro gimlet» (2026). Tamén é autor dos cómics «Os suicidantes» (2023), con Tomás Guerrero e «Oficio nocturno» (2026) con Fran Bueno.
Fotografía do autor: Sara Antelo.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!