https://hablamosdelibros.es/producto/orestes-perde-o-sentido/105513Orestes perde o sentido!Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00296701-600x923.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00296701-300x300.jpg10244798972101418983871023936.990.000.002023-02-20T22:15:11+02:00
Orestes perde o sentido!
Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.
Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais, 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais, 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais, 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; «Sibila» (Xerais, 2021) e «A noite das cebolas» (Xerais, 2024). En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais, 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais, 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais, 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o sentido!» (2019) e, na colección Merlín, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017), «Xelís, o guieiro das botellas de mar», Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, «Catro plumas de dinosauro» (2022) e «Faísca, a nena neandertal» (2024).
Fotografía da autora: Manuel G. Vicente.
Kiko da Silva (Vigo, 1979). Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, historietista, ilustrador e director editorial galego. Con tan só 16 anos publicou o seu primeiro libro ilustrado e empezou a traballar como humorista gráfico no diario «La Voz de Galicia». Un ano despois recibiría o Premio Ourense de Banda Deseñada ao mellor autor afeccionado.
Como ilustrador, o seu traballo pódese atopar en títulos como «Laia, a nena da illa» (Xerais 2006), «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», «A memoria das árbores», «Moncho e a mancha», «¿Que contan as ovellas para durmir?» ou «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019).
En 2001 fundou, xunto co libreiro pontevedrés Cano Paz, a revista «BD Banda» e en 2007 lanzaría a revista satírica en galego «Retranca». Tamén foi o creador da revista infantil «Fiz», inspirada na banda deseñada da súa autoría «Fiz nos biosbardos» (2005), despois da cal publicou o álbum «Fiz, o neno máis porco do mundo» (2011), personaxe que protagoniza tamén o curso de banda deseñada «Aprende banda deseñada con Fiz» (Xerais 2019).
Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, onde exerce como director e profesor.
Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica, «Baixo a sombra das pedras flotantes.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!