https://hablamosdelibros.es/producto/segredos-soterrados/198100Segredos soterradosO verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?
Unha trepidante aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00370501-600x923.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00370501-300x300.jpg82433824298246998281824316.990.000.002023-05-19T07:49:43+02:00
Segredos soterrados
O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?
Unha trepidante aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo.
O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?
Unha trepidante aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo.
Alba De Evan (Vigo, 1987). Estudou Historia na Universidade de Vigo e é profesora de ensino secundario. Xunto con Xabier Domínguez fundou en 2020 a Editorial Antela.
Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato «A Superavoa de Antón».
En Xerais é coautora, con Xabier Domínguez, das novelas infantís «Maxia de pedra» (2021) e «Segredos soterrados» (2023) e mais da «Guía ilustrada do Entroido Galego» (Xerais, 2025).
En solitario asinou «Varetai». Protectora de espíritos (Xerais, 2024).
Para o público xuvenil publicou «Dormen baixo terra» (2025) e «Queridas pantasmas» (Xerais, 2025).
Xabier Domínguez Pérez (Vilar de Barrio, 1984). Estudou Maxisterio Musical en Santiago de Compostela e é mestre de primaria. Xunto con Alba De Evan funda en 2020 a Editorial Antela. Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato «A Superavoa de Antón». É coautor, con Alba De Evan, da serie de contos Naturizo, con temática medioambiental, das novelas infantís «Maxia de pedra» (Xerais 2021) e «Segredos soterrados» (2023) e mais da «Guía ilustrada do Entroido Galego» (Xerais, 2025). Foto de Andrea Freire
Eli García formouse na Escola de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense e na Escola Profesional de Cómic e Ilustración O Garaxe Hermético de Pontevedra. Desde o ano 2018 dedícase profesionalmente á ilustración, compaxinando os seus traballos de ilustradora científica con proxectos de cómic e editoriais. A súa obra foi recoñecida en diversos certames de ilustración e BD. Participou nas obras colectivas «A vila dos debuxantes do norte» (2014) e «221BD» (2015), e mais no especial «Charlie Hebdo» do Diario de Pontevedra tras os atentados no semanario satírico francés en 2015. En Xerais é autora das ilustracións da novela infantil «Maxia de pedra» (2021), «Segredos soterrados» (2023) e «A nena do pixama estrelado» (2025).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!