Manu é un pouquiñicho liorteiro, algo descoidado e lacazán. Xan, o seu irmán xemelgo, que naceu sete minutos antes ca el, é o aplicado, sempre mergullado nos seus libros. Manu non entende como o seu irmán prefire arrodearse dun feixe de follas impresas no canto de andar de troula. Manu e Xan son xemelgos, pero non hai no mundo dous irmáns máis diferentes. Mais cando coñezan a Mkono Mzuri, o señor don Meco, un emigrante africano que traballa na praza do barrio, todo mudará nas súas vidas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.