«Só para adultos» é unha novela que afonda, con crueza e tenrura á vez, na adolescencia actual atravesada polas pantallas, o contido sexual e as redes sociais.
Daniela vive nun mundo onde os límites da intimidade e do consentimento están desdebuxados. Xandre e o seu grupo de amigos son rapaces educados polo consumo masivo de pornografía, que converte os corpos das mozas en trofeos e contido para compartir.
A través da amizade, das traizóns, do «bullying» e dunha dura representación da normalización da violencia sexual que está latente na nosa sociedade, a obra cuestiona o modelo relacional do que se está a nutrir unha xeración que medra co móbil na man.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
