https://hablamosdelibros.es/producto/wombo-combo-2/312479Wombo ComboSara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias.
Un texto teatral audaz que reflexiona sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/12/XG00393701-1-600x845.jpg6.99instockLibros infantilesLiteratura contemporáneaLiteratura00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/12/XG00393701-1-300x300.jpg98725987619869998713987376.990.000.002023-12-21T07:16:09+02:00
Wombo Combo
Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre… Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir… Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias.
Un texto teatral audaz que reflexiona sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.
Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre… Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir… Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias.
Un texto teatral audaz que reflexiona sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: «A percura» (1990); «Robín e a boa xente» (1995); «Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima» (1996); «Mateo» (1999); «Olo-iepu-iepu» (1999); «Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico» (Xerais 1999); «Paco» (2001); «Correo urxente» (2001); «O ganso pardo» (2002); «A era de Lázaro» (2004); «Smara» (2006); «A casa redonda» (2008); «As outras historias» (2011); «Casas» (2012); «O principio»; «A burra Ramona» (2013), «Bruxa e familia» (2017), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (Xerais 2021) ou «Trece avisos. Contos para ler pola noite» (Xerais 2022). Como dramaturga publicou «Boas noites» (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; «Alicia & Alicia» (2010); «Pressing catch» (2010); «A folla máis alta» (2012); «O refugallo» (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; «Somos os monstros» (Xerais 2019), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, ou «Wombo Combo» (Xerais 2023). Ten publicado, tamén, o poemario «Contatrás» (2006) e o texto teatral «As alumnas» (2022), que a fixo merecedora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
Paula Cheshire (Pontevedra, 1993) é debuxante de cómics e ilustradora, é coautora da banda deseñada infantil «Miquits» e, como autora total, publicou «El duelo». Actualmente traballa como ilustradora freelance para diferentes editoriais. Nas súas redes sociais publica contidos en formato cómic sobre temas diversos, en especial sobre saúde mental en clave de humor. «Me das ansiedad» é un recompilatorio de parte dese traballo publicado na Rede. En Xerais ilustrou os libros «Wombo Combo» (2024), «O rescate do unicornio» (2025) e «Queco e Kika» (2025).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!