Víctor Rivas (Pontevedra, 1965). Dedícase profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual dende 1989. Hai anos que debuxa tamén para todo o mundo a través dunha axencia en Nova York. Atópase cómodo en contornos dixitais e en calquera estilo de debuxo, aínda que os mundos fantásticos e as estéticas vitorianas son a súa preferencia. Para Xerais ilustrou o proxecto literario de Ledicia Costas «Escarlatina»: «Escarlatina, a cociñeira defunta» (2014), «Esmeraldina, a pequena defunta» (2016) e «Os arquivos secretos de Escarlatina» (2017). Ilustrou así mesmo as novelas «Dúas bágoas por Máquina» (1992-2025), «Volverás, golfiño» (2014), «Quokka Moka» (2019), «Vampira de biblioteca» (2020) e «Axencia Galega de Asuntos Máxicos» (2024). Tamén é autor das ilustracións do álbum «Dez gatiñas viaxeiras» (2019) e do libro de poemas «No xardín do poeta» (2022).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.