https://hablamosdelibros.es/producto/poesia-popular-en-galicia-1745-1885/99640Poesía popular en Galicia 1745-1885Para a maioría dos que, durante moitos anos, se achegaron á poesía popular galega do século XIX, esta empezaba e ramataba no "Cancioneiro popular gallego (1885-86)" de Pérez Ballesteros. Antes del, este xénero parecía non existir aos ollos da historia da literatura, que se limitou a recoñecer algunhas poesías dispersas, xeralmente como parte secundaria de obras 'serias'.
A presente obra recolle, describe, sistematiza e interpreta a poesía popular dun período de 140 anos de a cabalo entre os séculos XVIII e XIX: o comprendido entre a redacción do Viaxe a Galicia (1745) do Padre Sarmiento -primeira obra moderna na que se transcribe a letra dunha cantiga- e a publicación da devandita compilación de Pérez Ballesteros. Dos aproximadamente 6.400 textos aquí recopilados (3.912 textos base, máis os parcialmente coincidentes e os repetidos), uns 2.900 publícanse agora por vez primeira; entre eles, nove recollidos por Rosalía de Castro e dous por Sarmiento.
Recupérase así un inxente patrimonio literario, xenuinamente galego, e amósase, ao mesmo tempo, a enorme variedade e riqueza desta literatura e o seu uso xeralizado entre a poboación galega dos séculos pasados.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00195801-600x992.jpg0.00instockLiteraturaPoesía00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00195801-300x300.jpg82467982818243198269824710.000.000.002023-02-20T20:44:31+02:00
Poesía popular en Galicia 1745-1885
Para a maioría dos que, durante moitos anos, se achegaron á poesía popular galega do século XIX, esta empezaba e ramataba no “Cancioneiro popular gallego (1885-86)” de Pérez Ballesteros. Antes del, este xénero parecía non existir aos ollos da historia da literatura, que se limitou a recoñecer algunhas poesías dispersas, xeralmente como parte secundaria de obras ‘serias’.
A presente obra recolle, describe, sistematiza e interpreta a poesía popular dun período de 140 anos de a cabalo entre os séculos XVIII e XIX: o comprendido entre a redacción do Viaxe a Galicia (1745) do Padre Sarmiento -primeira obra moderna na que se transcribe a letra dunha cantiga- e a publicación da devandita compilación de Pérez Ballesteros. Dos aproximadamente 6.400 textos aquí recopilados (3.912 textos base, máis os parcialmente coincidentes e os repetidos), uns 2.900 publícanse agora por vez primeira; entre eles, nove recollidos por Rosalía de Castro e dous por Sarmiento.
Recupérase así un inxente patrimonio literario, xenuinamente galego, e amósase, ao mesmo tempo, a enorme variedade e riqueza desta literatura e o seu uso xeralizado entre a poboación galega dos séculos pasados.
Para a maioría dos que, durante moitos anos, se achegaron á poesía popular galega do século XIX, esta empezaba e ramataba no “Cancioneiro popular gallego (1885-86)” de Pérez Ballesteros. Antes del, este xénero parecía non existir aos ollos da historia da literatura, que se limitou a recoñecer algunhas poesías dispersas, xeralmente como parte secundaria de obras ‘serias’.
A presente obra recolle, describe, sistematiza e interpreta a poesía popular dun período de 140 anos de a cabalo entre os séculos XVIII e XIX: o comprendido entre a redacción do Viaxe a Galicia (1745) do Padre Sarmiento -primeira obra moderna na que se transcribe a letra dunha cantiga- e a publicación da devandita compilación de Pérez Ballesteros. Dos aproximadamente 6.400 textos aquí recopilados (3.912 textos base, máis os parcialmente coincidentes e os repetidos), uns 2.900 publícanse agora por vez primeira; entre eles, nove recollidos por Rosalía de Castro e dous por Sarmiento.
Recupérase así un inxente patrimonio literario, xenuinamente galego, e amósase, ao mesmo tempo, a enorme variedade e riqueza desta literatura e o seu uso xeralizado entre a poboación galega dos séculos pasados.
Domingo Blanco Pérez (Cariño, 1947) é catedrático de Lingua e Literatura españolas dende 1974. Durante seis anos (1979-85) foi profesor de español en Zürich, onde, en contacto cos fondos das bibliotecas daquela cidade e coas actividades do Departamento de Literatura popular europea da Facultade de Letras, se asentaron os alicerces de ``A poesía popular en Galicía´´ (Xerais, 1992).
Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago, ten publicados diversos traballos sobre este mesmo tema nas revistas Grial, Verba e Boletín Galego de Literatura, e en varias publicacións colectivas. En 1990 recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra polo seu traballo "Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega".
Na actualidade imparte docencia no Instituto República do Uruguai de Vigo.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"99640","price":"0.00","category":"literatura","name":"Poes\u00eda popular en Galicia 1745-1885"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!